Miércoles 23.05.2012
| Actualizado 22.13
Hemeroteca web
|
RSS
Galicia
Antón Bao explicou que a xuntanza “encádrase nun marco de normalidade do que nos dotamos cando chegamos ó acordo de goberno”. Lembrou que “nos dotamos desa Comisión de seguemtnto que mantén reunións periódicas para facer máis eficaz o Goberno e, tamén, extraordinarias, no caso de que haxa algunha cuestión inmediata que resolver”. “Nese contexto se celebrou esta reunión derivada dunha interpretación diferente sobre um deses acordos, relativos á peonalización em Lugo e o proceso a seguir, xa que había unha diferencia de interpretación que nos provocou unha disensión, que solventamos esta mañá”, segundo manifestou.
“Nesa Comisión puxemos enriba da mesa non só ese aspecto em concreto, senón tamén cómo imos resolver día a día as cuestións que poidan xurdir, igual que pode suceder nun Goberno monocolor”, explicou Bao, e engadiu que “para o BNG era importante este tema, non é unha banalidade, e todos temos que ter altura de miras para resolver as cuestións dialogando e atopar solucións”.
Tamén indicou o Voceiro nacionalista que “chegamos á conclusión de que ese debe ser o procedemento a seguir porque os cidadáns de Lugo nos deron a posibilidade de chegar a um acordo de goberno e temos que estar atentos a desenvolvelo”.
Antón Bao sinalou, ademais, que “para o BNG a peonalización efectiva do Casco histórico é un elemento crucial e a conclusión á que chegamos é que imos estar pendentes todos de que o proxecto de peonalización efectiva se desenvolva no prazo máis curto de tempo”. Tamén declarou que “aclaramos que, desde o noso punto de vista, houbo unha decisión tomada unilateralmente” ó permitir o paso de coches dos pais de nenos de ensino infantil.
En todo caso, Antón Bao explicou que a reunión de hoxe “hai que encadrala nesse contexto de normalidade que supón a convivencia de dúas forzas políticas e, en calquera caso aínda que no foran dúas as forzas políticas, sempre debe estar presente o diálogo”. Por último, indicou que “imos continuar para que este Goberno sexa útil e eficaz para os cidadáns de Lugo”.
Luis Álvarez manifestou, pola súa parte, que “non se tratou máis que dunha diferente interpretación dun punto en concreto do pacto de goberno, que é para catro anos, e que nos corresponsabiliza ás dúas forzas políticas, polo que temos a obriga de levar a cabo o cumprimento exacto dos acordos ós que chegamos para catro anos”.
Para Álvarez, “despois da reunión desta mañá, na que cada forza política expuxo o seu punto de vista, trátase de facer, do que podería parecer un problema, unha oportunidade de mellora”. O Voceiro socialista engadiu que na xuntanza “perfilamos os mecanismos de axuste e de seguemento deste acordo de goberno e entendemos que a situación está absolutamente superada e vainos dar pé a mellorar todos os aspectos que sexan mellorables”.
Declarou ademáis Luis Álvarez que “hai unha decisión tomada que, como xa se explicou estes días, supón pasar dunha situación inicial na que accedían á zona peonil os pais de nenos de educación infantil e primaria a que poidan pasar só, neste curso, os de infantil”. “Os pais son conscentes de que é unha situación transitoria e improrrogable, que se dará ata que remate este curso escolar, no mes de xuño, e que non se vai prorrogar a partir dese momento”, clarexou o Voceiro socialista.
