Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Miércoles 23.05.2012  | Actualizado 22.13      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
[Noticia 323 de 2172] noticia anterior de Concello de Lugo Galicia

A Casa da Xuventude empeza funcionar coa programación de actividades para mozos organizada polo Concello

12.10.2011  Carmen Basadre anuncia que a maioría das actividades que comezarán este venres celebraranse na Casa da Xuventude

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

 

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou hoxe as actividades que organiza este trimestre o Concello para a mocidade de Lugo. Esta programación inclúe cursos de formación, obradoiros, xogos e actividades lúdicas, que son gratuítas e vanse desenvolver dende o 14 de outubro ata o 17 de decembro. A maioría das actividades terán lugar nas instalacións da Casa da Xuventude, que xa está en funcionamento.


A Concelleira de Xuventude anunciou que pasado este trimestre, unha vez que remate o contrato coa empresa adxudicataria das actividades, o Concello unificará o plego das actividades socioculturais e as de xuventude e tamén se vai modificar a Ordenanza que as regula para darlle preferencia no acceso ás actividades os veciños com menos recursos económicos.


Carmen Basadre explicou que a organización destas actividades na Casa da Xuventude permitirán poñer a proba se é axeitado o seu horario de funcionamento que inicialmente será de 9.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 21.30 pola semana e de 16.30 a 21.30 os sábados. A Concelleira indicou que tamén se está montando unha biblioteca que xa consta de case que 800 libros, que se están clasificando para incluilos nunha base de datos.


A Concelleira destacou que a programación inclúe actividades moi distintas, moitas delas vinculadas a artesanía, pero tamén hai apoio escolar para adultos ou cursos sobre a creación de empresas.


Cursos de formación e obradoiros


A Concellería de Xuventude tamén organiza unha serie de cursos formativos que terán lugar do 24 de outubro ó 23 de decembro. Os luns e mércores, de 9.30 a 13.30 adicaranse a formación como monitor/a de actividades, os martes e os xoves, de 9.30 a 11.30, de inglés profesional e de 11.30 a 13.30, de relacións públicas e protocolo, e, por último, os venres, de 9.30 a 13.30, apoio escolar para adultos.


Estes cursos impartiranse dende o 24 de outubro ata o 23 de decembro e as inscricións deben facerse na Casa da Xuventude ata o 20 de outubro. Para matricularse será necesario presentar o DNI ou NIE, no caso de non estar censado/a en Lugo haberá que presentar a matrícula no centro de ensinanza ou documento que acredite estar traballando no nosso municipio e os menores de idade deberán presentar unha autorización do titor legal.


Do 14 ó 16 de novembro celebrarase o curso “Crea a túa empresa”, en colaboración co CEI-Nodus, con horario de 9.30 a 13.30 horas. As inscricións deben facerse antes do 10 de novembro, na Casa da Xuventude. E do 28 ó 30 de novembro, tamén en colaboración co CEI-Nodus, terá lugar o curso “Xestiona a túa empresa”. O horario será de 9.30 a 13.30 horas. Neste caso o prazo de inscrición remata o 17 de novembro.


A programación tamén inclúe obradoiros de coiro os luns e mércores, de 18.00 a 19.30 horas, e de artesanía, de 19.30 a 21.00, que se celebrarán do 24 de outubro ó 21 de decembro. Do 25 de outubro ó 22 de decembro, os martes e xoves haberá obradoiros de feltro, entre 18.00 e 19.30 horas, e de reciclaxe e decoración de roupa, entre 19.30 e 21.00 horas. E do 28 de outubro ó 16 de decembro haberá apoio escolar para adultos.


Movida Alternativa Xuvenil


Dentro do programa MAX, Movida Alternativa Xuvenil, están previstas as seguintes actividades:


Os venres haberá estes cursos: de 19.30 a 20.30, manualidades; de 20.30 a 21.30, de oratoria; de 21.30 a 23.00 de street dance, todos eles na Casa da Xuventude, e de 23.00 a 00.30, de patinaxe-xoquei en liña, no Polideportivo da Piringalla HL Lugo. Para participar no curso de oratoria será necesario inscribirse e o prazo está aberto ata o día 13 de outubro


Os sábados haberá cursos de ioga, de 19.30 a 20.30 horas; coiro, de 19.30 a 20.30 horas; maquillaxe de efectos especiais, pasarela e fotografía, de 20.30 a 21.30 horas, na Casa da Xuventude, e de 20.30 a 22.00 horas haberá tenis de mesa no parque da Milagrosa CD Dez Portas. Para tomar parte no curso de maquillaxe será necesario facer a inscrición antes do día 20 de outubro.


Ademais os venres e os sábados de 17.00 a 00.30 horas haberá as seguintes actividades: X-box kinect, wii, xogos de inxenio, plataformas de baile, billar, ping-pong e internet.


Asesoramento


A Concellería de Xuventude tamén porá en marcha o 17 de decembro o servizo de asesoramento xurídico, sicolóxico e sexual, ó que poden acudir os mozos e mozas de Lugo para resolver dúbidas ou recibir información sobre cuestións como a formalización de contratos de aluguer, problemas derivados coa conduta alimentaria ou enfermidades como a Sida ou as de transmisión sexual.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS