Domingo 12.02.2012
| Actualizado 11.01
Hemeroteca web
|
RSS
PrevisiónsTemperatura
Temperaturas entre lixeiro e moderado descenso, especialmente as mínimas, con xeadas intensas no interior.
Estado do ceo
Ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con presenza de nubes no nordés.
Vento
Ventos do nordés moderados en xeral, especialmente durante as horas centrais do día.
Comentario
Manterase estable a configuración de altas presións en Gran Bretaña e as baixas presións no Mediterráneo, o que de novo vai facer que o protagonista da xornada sexa o vento seco e frío de compoñente leste, desta volta algo máis intenso que en xornadas anteriores. Isto fará que teñamos unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, agás no nordés, onde teremos intervalos de nubes. As temperaturas descenderán entre lixeira e moderadamente, especialmente as mínimas, o que dará lugar a aparición de xeadas intensas no interior. Os ventos soprarán do nordés moderados en xeral, especialmente durante as horas centrais do día.