Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google
El Correo Gallego

Domingo 12.02.2012  | Actualizado 21.16      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Santiagoteespera.com
Economía| economia@elcorreogallego.es

Director da Oficina de Programas Internacionais de I+D

Xavier Alcalá: “As grandes fortunas deben traer os galegos de fóra filantropicamente”

22.03.2010  Tras catro anos entre Galicia e Bruxelas, descubriu cantidade de emprendedores que traballan no estranxeiro pero queren volver // “Sempre se acusa ó Goberno, pero esto non é cuestión da Xunta senón algo que trascende”

3.7/5 [3 Voto/s]

3
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

NATALIA SEQUEIRO • SANTIAGO

Xavier Alcalá, amais de escritor é director da Oficina de Programas Internacionais de I+D en Bruxelas FOTO: A.M.
Xavier Alcalá, amais de escritor é director da Oficina de Programas Internacionais de I+D en Bruxelas
FOTO: A.M.

Coñecido públicamente pola súa faciana de escritor, o polifacético Xavier Alcalá (Miguelturra, 1947) leva catro anos á fronte da Oficina de Programas Internacionais de I+D en Bruxelas. O ente pertence á Fundación para o Fomento da Calidade, que é unha axencia executiva que traballa para distitamentos da Xunta de Galicia. A cabalo entre Galicia e a capital europea, o tamén enxeñeiro de telecomunicacións lamenta que o país siga exportando ós seus grandes cerebros ó estranxeiro. En Bruxelas atopouse con moitos emigrantes que comparten a súa inquedanza. Queren voltar pero non atopan un lugar no que recoñezan os seus méritos.

_ ¿Como é a vida dos galegos en Bruxelas?

_ Eu estou moi agradecido o traballo que teño porque me permitiu recuperar grandes amigos e a parte diso facer novas amizades. Din que non hai mellor cousa que facer amigos nos negocios, e eu tiven a sorte de chegar a Bruxelas e darme conta da cantidade enorme de galegos que teñen altas responsabilidades dentro do que é a Administración europea. Estas amizades teñen unha compoñente máis, que é a de sempre, a preocupación por Galicia.

_ ¿Cal é o papel dos galegos en Bruxelas?

_ A masa son funcionarios. Alí hai unha grande masa gris galega, uhna grande concentración de cerebros. Cando empezamos a falar diso empezamos a ver o que está pasando por Europa e polo mundo, non só é que haxa moitísimos galegos na capital da UE, senón que hai moitísimos galegos en todos os centros en que se produce en Europa o que é fundamental, a investigación, o desenvolvemento, a innovación, a toma de riscos empresariais. Sempre hai detrás de todo isto un galego.

_ ¿Qué se pode facer para que volvan a Galicia?

_ O que debíamos facer desde Galicia, dunha maneira filántropica, é crear un instrumento de recuperación de galegos emprendendores en todas as áreas da actividade humana. É a típica discusión de cervexería da praza de Luxemburgo. Esto é evidentemente útópico. Sempre se acusa o goberno, pero esto non é unha cuestión da Xunta, é unha cuestión que transcende. Había que crear un gran fondo que permita atraer ós galegos de alta actividade que están fóra. Aínda que veñan parados, pagarlles unhas longas vacacións aquí para que pensen o que fan e para que se poñan a facer algo. Repito que esto é unha utopía e habería que ordenalo. Pero é un sentimento que se aprecia con moita forza en Bruxelas. Os galegos teñen necesidade de retorno e amais a propia conciencia de desaproveitamento das súas capacidades polo país.

_ ¿Cales son, na súa opinión, as causas que os levan a marchar?

_ Se dan dúas condicións fóra que aquí, por algunha razón, non se dan. Unha que hai iniciativa, que arrastra iniciativa. Se a tí che dan unhas boas condicións para investigar porque che dan un bo laboratorio é aínda por riba un bo soldo, evidentemente tí o que descubres o aportas a quen che paga, pero quen che paga se beneficia das túas propias ideas. Este fenómeno prodúcese en tódos os eidos, non só na investigación, en todos os eidos da xente emprendedora. Aquí en Galicia, en xeral, e repito que non é un problema político é un problema social, falta o incentivo natural do emprendimento. Parece que aquí non se puidese facer nada. Hai que facer un cambio de mentalidade e para iso tería que haber unha aposta filantrópica, e pode habela porque en Galicia hai grandísimos capitais acumulados.

_ ¿Está a falar das grandes fortunas que aparecen nas listas de Forbes?

_ O que se hai que preguntar é porque habendo en Galicia fortunas, non só a nivel español ou europeo senón a nivel mundial, por qué non hai iniciativas filantrópicas que produzan un cambio definitivo no país. É necesaria unha aposta económica filantrópica para que tanta xente galega que esta fóra se reduza.

_ Porén, parece que a tendencia actual é a recortar os fondos para a investigación e a innovación

_ A visión dende Bruxelas é unha visión lúgubre de España, vese un país en afundimento montado nunha economía sobre unha producción sen inventiva.

_ ¿O ladrillo?

_ Exactamente, vese moi mal a saída porque España está quebrada. Non estará técnicamente quebrada, pero alí vese moi feo o panorama porque é unha economía grande sen capacidade de reacción.

_ ¿Vostede que vive a cabalo entre Galicia é Bruxelas como ó ve?

_ Respondo cunha experiencia. Non hai moito fun falar en Luxemburgo cunha moza de Lugo directora de proxectos de investigación de tecnoloxías da información. Díxome volvía a Galicia a traballar aínda que lle pagaran moito menos do que lle pagan en Luxemburgo. Tendo en conta que o soldo base en Luxemburgo é 1.600€ ó mes, xa podemos imaxinar o que gaña esta moza. Pero ela dí que volve por vivir en Galicia, porque aquí a vida paga moito máis, da moitas máis satisfaccións que alá. Pero polo menos hai que ver que é o que se fai con ela, que é o que se lle ofrece.

_ ¿Hai precedentes noutros países de grandes fortunas que rescataran os cerebros fugados?

_ Sí, os exemplos máximos déronse na creación dos grandes centros de investigación en Israel. Os científicos foron traidos de todo o mundo. Amais os exemplos de filantropía máis famosos, despois dos de carácter relixioso, están en EEUU, onde as grandes fortunas se empregan para isto.

nsequeiro@elcorreogallego.es

 

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS