Jueves 20.06.2013
| Actualizado 01.34
Hemeroteca web
|
RSS
A parroquia de San Miguel de Sarandón, pertencente ao Concello de Vedra, celebra desde hoxe ata o sábado, as festas na honra a San Campio. É unha das festas con máis tradición da comarca e xuntará a centos de veciños da zona. Nesta primeira xornada, que é hoxe, terá lugar o espectáculo Maxi Radio Líder, coa actuación de Djs e gogós que animarán aos máis novos ata a madrugada.
Mañá, venres, é o día de San Campio e por tradición, o día das bandas de música. A misa será ás 11.00 horas e a continuación terá lugar a procesión.
Ao longo do día haberá varios concertos protagonizados polas bandas Artística de Merza e a de Santa Cruz de Ribadulla.
